Xornadas de Portas Abertas sobre Patrimonio Reserva Bioesfera Xures
Estas xornadas pechan o traballo realizado desde setembro de 2015 e durante o cal se realizaron máis de 55 entrevistas individuais e colectivas nos 6 concellos que conforman a parte galega da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerêz-Xurés, nas cales os colectivos Feitoría Verde y MaOs Innovación Social, centra a atención na recollida de patrimonio cultural material e inmaterial da zona.
Como resultado deste proxecto publicaranse 2 documentais (un deles presentado nestas xornadas), 1 libro sobre patrimonio local, 1 guía divulgativa, 1 mapa do patrimonio, 1 compilación dos cómics creados nos centros de ensino inspirados no patrimonio da zona, 3 rutas sinalizadas (2 a pé e 1 de BTT) e diversos contidos interactivos (3 videoxogos didácticos, imaxes 3D e visitas virtuais a elementos patrimoniais).
PROGRAMA
Sábado 5 de marzo
Pola Mañá. Sede do Parque Natural Baixa Limia-Xurés (Estr. Portugal, 34 – Lobios, Ourense).
10:00. Inauguración pola Directora Xeral de Conservación da Natureza, Ana Mª Díaz López.
10:15. Presentación das xornadas.
11:00. Mesa redonda. O patrimonio na RBTGX. ConJosé Benito Reza e David Pérez.
12:15. Presentación e proxección do documental “Patrimonio habitado”.
Pola Tarde. CEIP do Xurés (Rúa Paraño, 31, Lobios).
16:00. Conversa aberta: A memoria dos traballos comunitarios.
17:00. Obradoiro de cestaría, con Toño González.
17:00. Obradoiro para achegarse á música tradicional, con Delfín Coseiro.
18:15. Obradoiro de xogos tradicionais, con Prudencio Pérez.
A partir das 18h: Merenda con produtos locais e música tradicional co grupo Kérkennai.
- Exposicións no CEIP Xurés:
- Elementos patrimoniais da RBTGX.
- Cómics creados nos obradoiros dos centros escolares.
Domingo 6 de marzo
- 10:30 – 12:30h. Paseo do patrimonio (Ganceiros e proximidades).