XLIV Festa do Peixe

En Bande 29, 30 e 31 de maio de 2015 


Durante esta fin de semana prepárase en Bande a festas grandes, aquí vos deixamos toda a programación...

 festa peixe

Venres 29 de maio

20:00h. Inauguración oficial “XLIV Festa do Peixe”.

Actuación da Banda de Gaitas e Pandeiretas do Concello de Bande e das charangas Os Bandiños e Bandefesta (praza da Constitución).

 

Sábado 30 de maio

De 10:00h. a 13:30h. e de 16:00h. a 20h. Concurso de percorrido de caza para afeccionados (alto do Iermes). A inscrición remata ás 17h. Imprescindible licenza federativa de caza que se poderá obter no momento.

11:00h. Pasacalles a cargo dos Gaiteiros de Cadós.

De 12:00h. a 22:00h. Mercado de artesanía (rúa San Roque).

16:00h. Exhibición de patinaxe polos nens@s de Bande e demostración de salto con patíns a cargo de Freestyle Slalom Vigo (pavillón deportes).

16:30h. Hockey sobre patíns (pavillón deportes).

17:00h. Competicións de carreiras de velocidade en patíns (pavillón deportes).

19:00h. Actuación das charangas TNT, NBA, e Mekánica (praza da Constitución).

19:30h. Espectáculo para nen@s “Pepiña e Maruxiña quere voar”. Salón de actos do concello.

20:30h. Entrega premios e trofeos dos distintos concursos e campionatos (praza da Constitución).

 

Domingo 31 de maio

8:00h. Inscrición campionato de pesca. (Bar Corbelle).

10:00h. Pasacalles a cargo da charanga de Bande.

10:00h. QDD BTT.

De 12:00h. a 22:00h. Mercado de artesanía (rúa San Roque).

12:00h. Procesión e misa solemne acompañada pola charanga de Bande e a Coral Camerata Auriense.

13:30h. Concerto da charanga de Bande na Praza da Constitución.

16:00h. Exhibición de freestyle en patíns a cargo de Freestyle Slalom Vigo.

17:30h. Concerto de concertina.

18:00h. Actuación das charangas XL e Támega (praza da Constitución).

18:45h. Exhibición de zumba.

19:00h. Degustación de peixes, empanadas e pan artesanal do forno de Vilar de Bande. (praza da Constitución).

Tódolos días poderás degusta-los mellores pinchos na praza da Constitución.

Exposición do concurso Peixiños.

Viernes, 29 Mayo 2015 22:31 Tags