IV XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NA RUTA DO VIÑO DE MONTERREI

Este fin de semana, 30 e 31 de Maio 2015, terán lugar na Ruta do Viño Monterrei as 4ª Xornadas de Portas Abertas. Estas xornadas incluen diferentes actividades para os visitantes, visitas a adegas, rutas de sendeirismo e outras ofertas gastronómicas, de ocio e cultura na zona de Verín durante toda a fin de semana. As adegas  recibirán  visitas e degustacións gratuitas o Sábado 30 ás 11h30, 13h00 e 18h00 e o Domingo  31 ás 12h00.

As adegas participantes nestas xornadas son :

  • BOO RIVERO      C/ Touza, 21. Vilaza / T. 616 670 249 / Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
  • CREGO E MONAGUILLO    Rúa Nova, A Salgueira / T. 988 418 164 / Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
  • GARGALO   Rúa do Castelo, 59 / T. 988 590 203/ Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
  • ADEGA ABELEDOS   Rúa Principal, 7 Tamagos / T. 616 571 938 / Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

VIÑOBUS MONTERREI

Ademáis o Sábado 30 de mayo, poderase facer un percorrido no VIÑOBUS MONTERREI GRATUITO. Trátase de un bus turístico polas  adegas con visita e degustación gratuita, visitas a Lagares Rupestres e  Igrexas . O xantar será libre e pola tarde poderase  facer unha ruta polo casco histórico de Verín con degustación de viño e tapas. A última hora da tarde terá lugar, ás 21:00 un Túnel do Viño acompañado dun aperitivo e unha actuación musical no Convento dos Padre Mercedarios. A reserva de prazas poderá facerse ata o Venres 29 ata as 14h00.

Haberá duas rutas a escoller para chegar a Verín: 

  • RUTA  1

con saída de Ourense e paradas en  Allariz, Xinzo e Verín. 

Sábado 30 de maio

  • 10h00 - SAÍDA DE OURESNE. Estación de tren Ourense Empalme.
  • 10h20 - Parada en Allariz (Estación de autobuses)
  • 10h45 - Parada en Xinzo ás (Estación de autobuses)
  • 11h15 - Parada en  Verín (Estación de autobuses)
  • 11h30 - Visita e degustación na Adega Abeledos.
  • 13h00 - Visita e degustación na Adega Boo Rivero e visita a lagar rupestre.
  • Xantar libre.
  • 16h00 - Recollida na Estación de autobuses e visita guiada ás Igrexas de Santa María de Mixós e Retorta.
  • 17h30 - Visita e degustación na Adega Gargalo.
  • 18h00 - Percorrido guiado polo entorno do Castelo de Monterrei.
  • 19h00 - Ruta de viños polo Casco histórico de Verín (á  venda tickets de 3 degustacións de viño+ tapa por 6 €)
  • 21h00 - Música e son. Túnel do Viño + aperitivo amenizado pola actuación musical do guitarrista José Manuel Salgado no Convento dos Padres Mercedarios de Verín.
  • 22h30 - REGRESO A OURENSE. Recollida do autobús na  Praza do Concello e regreso.

 

  • RUTA  2

con saída de Vidago e paradas en Chaves e Verín.

Sábado 30 de maio

  • 09h30 (hora PT) - dende Vidago (Estrada nacional nº2, xunto á farmacia de Salus).

  • 09h45 - Parada en Chaves, Xunto á zona das Termas.

  • 11h15 - Parada en Verín (Estación de autobuses).

  • 11h30 - Visita e degustación na Adega Gargalo (hora ESP)

  • 12h30 - Percorrido guiado polo entorno do Castelo de Monterrei e visita guiada ás Igrexas de Santa María de Mixós e Retorta.

  • Xantar libre.

  • 16h00 - Recollida na Estación de Autobuses .Visita e degustación na Adega Crego e Monaguillo e visita a Lagar Rupestre.

  • 18h00 - Visita e degustación na Adega Abeledos.

  • 19h00 - Ruta de viños polo Casco histórico de Verín (3 degustacións de viño+ tapa, (á  venda tickets de 3 degustacións de viño+ tapa por 6 €)

  • 21h00 - Música e son. Túnel do Viño + aperitivo amenizado pola actuación musical do guitarrista José Manuel Salgado no Convento dos Padres Mercedarios de Verín.

  • 22h30 - Recollida do autobús na  Praza do Concello e regreso a Vidago

Outras actividades gratuitas

O día 30 de mayo, tamén Ás 19h00 D. Luis Paadín ofrecerá unha master class sobre “Lagares rupestres. Pegadas da historia vitivinícola en Galicia”, no salón de actos da Casa da Cultura de Verín (R/ Irmáns da Salle s/n).A entrada será gratuita ata completar aforo.

Entre as  10h00-14h00 e 17h00-20h30 na Sala de Exposicións de Verín poderase visitar a Exposición fotográfica “A auga e a pedra”, 21 fotografías realizadas por 11 artistas pertencentes á Agrupación fotográfica Fotosíntese.

Por último  no Claustro do Convento dos Padres Mercedarios de Verín (Praza da Mercé) de 21h00 a 22h30 celebrarase “Son e viño” que consistirá nun Túnel do viño con degustación de viños da D.O Monterrei e un aperitivo. A actividade estará amenizada pola actuación do guitarrista Xosé Manuel Salgado. É preciso reserva de praza.

Sábado, 30 Mayo 2015 17:57 Tags